A Adega Pateira presenta o seu novo viño ‘Cabaqueiro’ na III Feira de Produtos de O Rosal

Este sábado, 12 de outubro, a partir das 11:00h, a Adega Pateira de O Rosal participará na III Feira de Produtos, que se celebrará na Praza do Calvario de O Rosal, como parte das actividades da Festa de Outono do Pilar. Nesta ocasión, a adega presentará o seu novo viño “Cabaqueiro”, unha creación especial que rende homenaxe aos históricos cabaqueiros, coincidindo coa demostración do seu labor tradicional que terá lugar na tarde do mesmo día.

“Cabaqueiro”, elaborado con uva Loureira, tamén coñecida como Marqués, e con crianza en barrica de carballo francés, confirelle un carácter distintivo, perfecto para os amantes do viño que buscan calidade e autenticidade. Este novo lanzamento resalta o compromiso da Adega Pateira por seguir innovando, mentres mantén viva a rica tradición vitivinícola da comarca.

A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, subliñou a importancia deste evento, non só como unha celebración local, senón como unha oportunidade para rendir homenaxe aos cabaqueiros, que forman parte integral da historia e da identidade de O Rosal. O evento enmárcase dentro da Festa do Otoño do Pilar, que se celebrará do 11 ao 13 de outubro, cunha programación variada que combina cultura, música, tradición e produtos locais.

Entre as actividades previstas, a xornada do sábado incluirá a exposición e venda de produtos locais na III Feira de Produtos, unha misa cantada coa participación da Coral Ecos do Folón e a Agrupación Musical do Rosal, ademais da demostración dos cabaqueiros ás 17:00 h, na que se rendirá homenaxe a estes traballadores artesanais.

A Adega Pateira invita a todos os veciños e visitantes a achegarse á feira para degustar o novo viño “Cabaqueiro” e gozar dun día cargado de tradición, sabor e orgullo polo patrimonio local.

A adega convida aos amantes do viño e aos entusiastas da viticultura a seguir de cerca o desenvolvemento da vendimia e a visitar a bodega para coñecer máis sobre o proceso de vinificación e degustar os resultados desta colleita única. As visitas á Adega Pateira inclúen unha visita á bodega, unha explicación sobre os procesos de elaboración do viño, comentarios sobre as costumes da viticultura tradicional, así como a degustación de 3 viños e pinchos variados.
Os horarios son de luns a venres pola mañá e pola tarde, e os sábados e domingos só pola mañá. O prezo das visitas é de 15€ por persoa. As reservas para as visitas guiadas á Adega Pateira pódense realizar chamando ao 698 171 172 ou a través da web www.adegapateira.com.

Sobre Adega Pateira do Rosal

Enclavada no corazón de O Rosal, a Adega Pateira é unha bodega familiar que, dende os seus inicios, ten dedicado o seu esforzo á elaboración de viños de autor cun marcado carácter e personalidade. A historia da bodega remóntase a 1990, cando os actuais propietarios decidiron recuperar os viñedos do seu antepasado Serafín Araujo. Con visión de crear unha pequena bodega de cosechero, comezaron un proxecto que culminou en 2016 coa realización dese soño.

Hoxe en día, a Adega Pateira non só coida e cultiva os seus propios viñedos, senón que tamén se compromete a recuperar viñas de outros propietarios na rexión. Estas terras, que estaban quedando en desuso debido á falta de relevo xeracional, están a ser revitalizadas para continuar a tradición vitivinícola de O Rosal. Coa súa nova creación, “Cabaqueiro”, a bodega celebra o legado cultural da comarca ao mesmo tempo que continúa innovando e ofrecendo produtos de excelencia.